EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Curso de poda de inverno para recuperar viñedos afectados polo lume en Valdeorras

Desenvolverase os días 22 e 23 de outubro con sesións teóricas na sede do CRDO Valdeorras e tamén con prácticas en viña

Viñedos afectados polos incendios en Valdeorras./ Foto: A.R.

 

O “Curso de poda de inverno para recuperar viñedos afectados polos incendios” impartirase os días 22 e 23 de outubro en Valdeorras. “Conscientes da importancia de apoiar aos viticultores tras os lumes que arrasaron a comarca, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras pon ao dispor as súas instalacións (en Vilamartín) para impartir unha primeira xornada teórica de dúas horas de duración, que se acompañará dunha segunda xornada de tipo práctico, en viñedo”, segundo informa este órgano reitor.

O curso, dirixido a viticultores e adegas da D.O. Valdeorras e que se organiza en colaboración con Caixabank, será impartido por Julián Palacios Muruzábal, con máis de 25 anos de experiencia en viticultura e director de Viticultura Viva.

A inscrición é gratuíta  e obrigatoria e pode realizarse enviando un email a secretaria@dovaldeorras.com, especificando no asunto “Incripción curso de poda – incendios” e indicando os datos: nome e apelidos, email, teléfono e adega (se procede).

Back to top button