ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Curso sobre nocións básicas para o aproveitamento dos soutos, en Vilariño de Conso

Terá lugar o 23 de setembro e o obxectivo principal é informar do que se está facendo no sector para que os produtores de castaña orienten as plantacións aos distintos mercados e poidan facer fronte ás actuais doenzas do castiñeiro

Publicidade

 

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), impartirá a semana que vén dous cursos sobre nocións básicas para o aproveitamento dos soutos a través da IXP Castaña de Galicia. Un deles terá lugar no salón de actos do concello ourensán de Vilariño de Conso o vindeiro mércores 22 de setembro, mentres o outro será no salón de actos do recinto feiral do municipio coruñés de Curtis o xoves 23.

Ao longo das catro horas de duración, o programa abordará diversos conceptos como a comercialización, a gama de produtos, a recollida, o procesado ou os mercados, así como os modelos de xestión, a calidade e a composición do prezo ou a promoción do produto.

Deste xeito, o obxectivo principal destes cursos é informar do que se está facendo no sector para que os produtores de castaña orienten as plantacións aos distintos mercados e poidan facer fronte ás actuais doenzas do castiñeiro.

Todos os interesados poderán anotarse nos cursos cubrindo a correspondente solicitude dispoñible na páxina web da Consellería do Medio Rural. Esta deberá remitirse cuberta ao correo electrónico de formacion.agacal@xunta.gal. Tamén poden chamar ao número 881997279 para máis información.

Artigos relacionados

Back to top button