CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

Dase a coñecer o programa do IX Festival Internacional Mascarada Ibérica de Viana e Vilariño

Entre as mascaradas participantes nesta edición estará, como novidade, unha de Sappada (Italia)

Boteiro de Viana do Bolo, xunto a unha das máscaras do Carnevale de Sappada (Italia)./ Foto: Luciano Solero.

 

A organización do IX Festival Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask, que se celebrará do 26 ao 28 de abril en Viana do Bolo e Vilariño de Conso, vén de dar a coñecer o programa deste edición. Entre as mascaradas participantes nesta ocasión estará, como novidade, unha de Sappada (Italia,) que será recibida ás 18:30h. do venres 26 de abril no salón de plenos do Concello de Viana do Bolo.

Outra das novidades deste evento será unha exposición do creador vianés Piquico, “Entroido, mobiliario vestido”, ademais dunha mostra fotográfica sobre a ViBoMask. Poderán verse na sala de exposicións do Concello de Viana.

 

 

“O 26 de abril en Viana, desfrutará de exposicións, conferencias, da presentación dos invitados de fora da península deste ano. E, por suposto, dos Cantos de Taberna polos bares”, din os promotores, anunciando ao mesmo tempo o desfile do 27 pola tarde en Viana e o da mañá do domingo en Vilariño.
“Xa iremos actualizando e amosándovos os novos participantes”, prosegue a organización, en mans da Asociación Fulións Rurais de Viana, Asociación Robreda, Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso e do Concello de Viana do Bolo e do de Vilariño de Conso.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button