“Épica” (Círculo Rojo) pon fin a unha saga na que se mesturan aventuras de xiros inesperados, desputas e revelacións. Esta novela é a derradeira parte da triloxía “Taimat” e presentábaa o seu autor, o pontevedrés David Pintos, na tarde do 6 de xuño na Biblioteca Municipal de Verín.
En palabras do propio Pintos, “Taimat” é unha aventura épica positiva e a triloxía constitúe “unha gran aventura que vai de menos a máis constantemente. O lector vai descubrindo Taimat ao mesmo ritmo que o fai Izan, chegando a crer que está dentro da mente do protagonista. É unha aventura constante dentro dunha historia absolutamente épica, cuxo final está a encantar a todo o mundo”.
Ademais de escritor, David Pintos é director e presentador do programas de radio de art rock “Subterranea”. Nestes momentos está a escribir o seu cuarto libro, unha novela ambientada na actualidade e tamén cun alto grao de intriga e aventura.