PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez (En Marea) pide información no Parlamento galego sobre a residencia de maiores de Chandrexa

Preguntará, entre outras cuestións, sobre se a Xunta vai planificar, xunto cos concellos, a dotación de novas prazas de residencias de maiores públicas
O deputado de En Marea, Davide Rodríguez, no Parlamento galego.

Os deputados do grupo parlamentario de En Marea Davide Rodríguez e Paula Vázquez veñen de rexistrar unha pregunta para a súa resposta oral na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia sobre a residencia da terceira idade de Chandrexa de Queixa.

No texto da pregunta lembran que o Concello “promoveu a construción dunha residencia municipal de maiores en 2014, mediante convenio coa Xunta, cuxa concesión do servizo saca a concurso por aproximadamente 6,8 millóns de euros, por cinco anos, cunha capacidade máxima de 77 prazas”. Tamén explican que o 1 de febreiro admitíanse as ofertas de tres empresas de servizos, cunha serie de tarifas máximas por praza para persoas con autonomía e para dependentes.

Os deputados preguntan se a Xunta ten concertar prazas coa residencia de maiores de Chandrexa de Queixa, e, de ser así, cantas. Tamén preguntan se o goberno galego “considera viable, tal como está formulado, o proxecto de residencia de maiores de Chandrexa de Queixa”, cal é “a lista de agarda para cada unha das prestacións de Dependencia no Concello de Chandrexa de Queixa” e “cando vai a Xunta planificar, xunto cos Concellos, a dotación de novas prazas de residencias de maiores públicas”.

 

Artigos relacionados

Back to top button