A praza do Toural será o escenario do magosto que organizará o vindeiro 7 de novembro o Concello da Veiga. Comezará a partires das cinco da tarde e, ademais de castañas ou “bullotes”, nesta celebración tamén haberá chourizo, panceta á brasa, viño novo e, como broche, a tradicional queimada.