ConcellosÚltima hora

De Nai a Nai organiza unha charla online sobre o inicio da alimentación complementaria

Será impartida por Alicia García e poderá seguirse vía Skype o vindeiro mércores 10 de marzo ás 18h.

 

Despois do parón nas súas actividades como consecuencia da situación sanitaria derivada do Covid-19, a Asociación De Nai a Nai retoma neste mes de marzo o seu programa cunha charla online titulada “Inicio da alimentación complementaria e BLW”, que será impartida por Alicia García Rodríguez, nai experimentada en alimentación autorregulada.

Esta conferencia está prevista para o vindeiro mércores 10 de marzo ás 18h. e poderá seguirse a través de Skype, a asistencia é gratuíta.

 

 

“A crianza é un proceso que, sobre todo nos primeiros anos, avanza moi rápido e esixe que as nais e pais esteamos continuamente aprendendo e informándonos. Un dos aspectos que máis dúbidas pode xerar é o inicio da alimentación complementaria, é dicir, a introdución de alimentos sólidos na dieta dos nosos bebés”, explica a presidenta de De Nai a Nai, Lorena Prada.

Ademais explica que, “aínda que nos informemos, é probable que teñamos moitas preguntas, e esas preguntas non fan máis que aumentar unha vez empezamos a ofrecerlles alimentos. Eses interrogantes poden ser de moitos tipos, desde se hai alimentos cos que estea indicado empezar ata que cambios podemos atopar no cueiro, pasando por canto podemos esperar que coma unha bebé ou como recoñecer os signos de atragoamento. Por iso, esta charla pode ofrecer información valiosa non só para nais, pais e coidadores que se atopen a piques de comezar a aventura da alimentación complementaria, senón tamén para aqueles que xa a empezaron”, comenta Lorena Prada.

O enlace para seguir a charla é o seguinte:
https://join.skype.com/IQWhQXskmNIt

Artigos relacionados

Back to top button