ConcellosPetínÚltima hora

Declarada a utilidade pública da nova zona de concentración parcelaria de Petín-Portela de Portomourisco

Este proceso, xunto ao outros dous en Becerreá e Dozón, foron solicitados polos titulares das explotacións rexistradas en cada unha das parroquias a reestruturar, co fin de mellorar as condicións estruturais, técnicas e económicas das granxas da zona

Imaxe de Portela de Portomourisco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe tres decretos da Consellería do Medio Rural polo que se declaran de utilidade pública tres novas zonas de concentración parcelaria nos concellos de Petín, Becerreá e Dozón, que reorganizarán unha superficie total dunhas 1.688 hectáreas de máis dun millar de propietarios.

Así, estes tres novos decretos de concentración parcelaria decláranse mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción.

Precisamente, cabe sinalar que estes tres procesos foron solicitados por titulares de explotacións e apoiados polos respectivos concellos. No caso da parroquia de Becerreá, hai un total de 22 explotacións, na de Petín son 24 e na de Dozón 50, de aí a necesidade de reorganizar o territorio para mellorar as condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias da zona.

A través destes procesos vaise a mellorar a estrutura territorial da zona, que no caso de Guilfrei (en Becerreá) implica unha superficie total de 441 hectáreas repartidas en 1.871 parcelas propiedade de 142 veciños. No caso de Petín-Portela de Mourisco (en Petín), a superficie total a reorganizar ascende a 203 hectáreas repartidas en 2.188 parcelas de 619 propietarios. Por último, a parcelaria de San Salvador do Castro (en Dozón) suporá a reestruturación de 1.044 hectáreas divididas en 6.328 parcelas de 383 veciños.

• Enlace decreto parcelaria de Petín-Portela de Mourisco, concello de Petín:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221019/AnuncioG0426-111022-0002_gl.html

 

Artigos relacionados

Back to top button