Entre as propostas incluídas no programa da XXV Feira do Viño de Valdeorras, que se desenvolvía nesta fin de semana de 1 e 2 de xuño en Viloira (O Barco), figuraba un showcooking co prestixioso cociñeiro Xosé Manuel Mallón, chef do Espazo Gastronómico Remollo en Ames (A Coruña). Tiña lugar a partir das oito e media nos Xardíns da Casa Grande de Viloira.
Os petiscos elaborados degustábanse despois maridados con viños da Denominación de Orixe Valdeorras.
Fotos: A.R.