CarballedaConcellosÚltima hora

Deporte de aventura para os nenos do campamento de verán de Carballeda de Valdeorras

 

Xa entrando na recta final dun intenso verán cheo de actividades, aprendizaxes, novas experiencias e tamén de lecer e diversión; os nenos do Campamento infantil de verán do Concello de Carballeda de Valdeorras, xunto cos seus monitores, vivían hoxe unha xornada moi especial e chea de aventura.

 

 

Facían unha excursión ata Carucedo (León), da que volvían encantados. Alí desfrutaban de actividades como de escalada e tirolina, así como de kaiak, ademais de, coas mans na masa, aprender a facer doces de formas moi divertidas.

Neste campamento participan un total de 25 nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button