EconomíaEconomíaÚltima hora

Deputación e Confederación Hidrográfica investirán 8.000 euros nas reparación das sendas do encoro das Conchas

Francisco Marín, Manuel Baltar e Plácido Álvarez na sinatura do convenio de colaboración.

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), e a Deputación de Ourense, investirán 8.000 euros na construción de máis dun quilometro de senda peonil na marxe esquerda do encoro de As Conchas en Muíños.

Estas actuacións serán financiadas ao 50% entre ambas as dúas administracións, tal e como consta no Convenio de Colaboración asinado esta mañá (12 de abril) polos presidentes da Deputación e da CHMS, Manuel Baltar e Fernando Marín, respectivamente, e o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, quen, pola súa parte, comprométese a conseguir os terreos necesarios para a execución das obras.

O obxectivo desta actuación é o acondicionamento da senda peonil que hai, para dotala dunha xeometría homoxéneo ao longo do seu percorrido, así como un pavimento uniforme que permita o uso confortable e seguro da mesma.

Actualmente Muíños dispón dunha rede de sendeiros peonís que discorren por ambas marxes do encoro das Conchas. Dende a Confederación aseguran que devanditos sendeiros “son moi estreitos e presentan perdas de firme producidas polas escorrentías de auga e non están conectadas co complexo deportivo-turísito de O Corgo”.

O prazo de execución das obras está estimado en tres meses.

Artigos relacionados

Back to top button