DeportesÚltima hora

Derbi de veteranos C.D. Rúa-C.D. Barco, mañá no Aguillón

O partido, incluído na liga, comezará a partires das 16:30 horas
Plantel dos veteranos do C.D. Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

Mañá, sábado 4 de marzo o campo de fútbol Novo Aguillón acollerá o derbi comarcal de veteranos. A partires das 16:30h. o C.D. Rúa enfrontarase ao C.D. Barco nun partido moi especial para os rueses que non só se xogan os tres puntos da liga de veteranos na que están inmersos, senón “a clasificación para representar o escudo do C.D Rúa veteranos por todo Castela León e loitar por un título, que este club se merece” en palabras do porteiro Carballal. El mesmo explica que de lograr a vitoria situaríanse no terceiro posto da clasificación logrando o pase para unha nova fase da liga contra os tres primeiros de León.

Dada a relevancia do encontro, Carballal convida a todos os afeccionado a achegarse ata o campo e animar ao equipo.

 

Cartel do derbi.

Artigos relacionados

Back to top button