
Arredor das seis da tarde deste 24 de outubro producíase un incendio nunha das aulas do Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras, o que obrigaba ao equipo docente a desaloxar ás persoas que aínda permanecían no centro despois das clases. “Deste xeito, ninguén resultou ferido e os danos limitáronse ao espazo no que comezou o lume, posiblemente a causa dun fallo nun ordenador”, tal e como informa o 112 Galicia.
Foi a intensa fumareda provocada polo incendio o que alertou ao persoal docente do colexio, que rapidamente chamou ao 112 Galicia e evacuou aos pais e nais reunidos nese momento. De inmediato, os xestores do Centro Integardo de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaban aos membros do GES, aos bombeiros de Valdeorras e avoluntarios de Protección Civil para extinguir as lapas que causaban danos nun aula de cativos agora baleira.
Así, preto das sete da tarde, os efectivos do parque comarcal controlaban o lume que quemou diverso material. “De momento, descoñecen as causas, pero sospeitan dun fallo nun ordenador”, segundo o 112 Galicia.