ConcellosO BarcoÚltima hora

Desbórdase o río Mariñán á altura do estadio de Calabagueiros no Barco

 

Como consecuencia das fortes chuvias rexistradas nas últimas horas, o río Mariñán no Barco vía incrementado notablemente o seu caudal e tamén arrastraba diversos restos de árbores. Eses arrastres de troncos obstruían a pontiña que situada sobre este cauce nas proximidades do estadio de Calabagueiros no Barco, moi preto da desembocadura.

Como consecuencia disto producíase un desbordamento neste río na zona, que afectaba a estrada que pasa pola rúa Mariñán. O tráfico está sendo regulado pola Policía Local, que están nesta zona dende primeira hora da mañá. Prégase precaución ao circular pola zona

Fotos: O SIL.

 

Back to top button