EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Descóbrense os ganadores dos XXVIII Premios Ribeira Sacra

Nesta edición da cata participaban 67 viños de 24 adegas, 23 deles tintos, 18 brancos e 26 na categoría outras anadas

 

Os galardonados nos  XXVIII Premios Ribeira Sacra dábanse a coñecer nun evento organizado polo Consello Regulador desta Denominación de Orixe en colaboración co Concello de Monforte de Lemos. Participaban 67 viños de 24 adegas, 23 deles tintos, 18 brancos e 26 na categoría outras anadas.

Nesta edición, premiáronse as mellores producións en tres categorías: tintos, brancos e outras anadas. Os galardóns distribuíronse do seguinte xeito:

Categoría Tintos:
● Ouro: Val da Lenda de Víctor Manuel Rodríguez López
● Prata: Campaza de Casa Moreiras S.L.
● Bronce: Ciudaseis de María Gloria Alvarín Losada
Categoría Brancos:
● Ouro: Sollio de Juan Alberto Álvarez Rodríguez
● Prata: Don Bernardino de Don Bernardino S.L.
● Bronce: As Glorias de Amedo S.L.
Categoría Outras Anadas:
● Ouro: 4ª Generación Mencía Barrica 2020 de Don Bernardino S.L.
● Ouro: Regina Dona Godello Barrica 2022 de Regina Viarum S.L.
● Ouro: Prómine Singular Mencía 2022 de Bodegas Petrón S.L.

Estes premios non só distinguen a excelencia na produción de viños da Ribeira Sacra, coñecidos pola súa singularidade e calidade debido ás características únicas do seu terroir e á viticultura heroica en terrazas, senón que tamén reforzan o compromiso da rexión coa calidade e a tradición vitivinícola que a distingue.

 

 

O proceso de selección dos viños gañadores levouse a cabo mediante unha rigorosa cata a cegas realizada en tres etapas. O día 17 procedeuse ao precintado dos viños, o día 18 tivo lugar unha precata e, finalmente, hoxe realizouse a cata final.

O panel de cata, composto por sete membros do Panel de Cata do Consello Regulador, expertos no ámbito enolóxico, foi o encargado de avaliar as distintas mostras. Os catadores foron: Bruno Lovelle Fernández, Maira Ratón Fernández, Xesús Verao Pérez, Luis Buitrón Barrios, Juan Angel Fernández Martínez, Julio Ponce Mouriño e José Antonio Fernández Somoza.

Back to top button