ConcellosRubiáÚltima hora

Descubrindo os engados naturais e patrimoniais de Rubiá, nunha ruta

Dentro da iniciativa "Coñece o teu entorno", promovida polo Concello, esta mañá realizábase unha ruta dende Vilar de Silva a Pardollán

 

Máis dunha vintena de persoas participaban nesta mañá de domingo 6 de novembro nunha das rutas de “Coñece o teu entorno”, unha iniciativa promovida polo Concello de Rubiá para divulgar os valores naturais, históricos, etnográficos e patrimoniais do seu municipio ao mesmo tempo que se practica deporte. Este concello ademais que posúe o único parque natural da comarca de Valdeorras, o da Serra da Enciña da Lastra, un dos máis singulares de Galicia pola súa singularidade xeolóxica que lle outorga a caliza e pola súa fauna e flora.

 

 

Neste caso a ruta ía dende Vilardesilva ata Pardollán, onde visitaron a ermida románica de Santo Estevo e as Minas de Pintura, e onde ademais desfrutaban das fabulosas vistas que se ofrecen dende os miradoiros. Aínda que a mañá comenzaba fresca, ao remate da ruta apareceu o sol para poder degustar o picnic que se repartiu entre os participantes, tal e como comentan dende a organización.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button