En portadaÚltima hora

Desentrañando os viños envellecidos valdeorreses, nun curso de cata

Esta actividade, promovida pola Ruta do Viño de Valdeorras, desenvolverase ao longo desta fin de semana

 

Descubrir as singularidades dos viños envellecidos en barrica, así como as diferentes madeiras utilizadas para iso. É a posibilidade que lle ofrece aos interesados no mundo do viño o novo curso de cata, que se iniciaba na mañá deste 22 de xuño e que continuará mañá. Trátase dunha iniciativa promovida pola Ruta do Viño de Valdeorras, baixo o título da “Arte do viño envellecido”. Nela participaban unhas 15 persoas procedentes de Ponferrada (León), A Coruña, Guadalaxara e Valdeorras.

 

 

O programa comezaba ás once deste sábado no Hotel A Calzada (Vilamartín), e consta de dous apartados. A cata de viños brancos (un total de 16 godellos) da D.O. Valdeorras será durante a xornada matinal e a de tintos (14 viños) pola tarde.

O día 23, levarase a cabo a parte máis lúdica do curso coa visita ao Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (Rubiá) onde se realizará unha ruta circular de 4 km, que concluirá cun brinde en horario de (11’30-13’30). A actividade que está dirixida polo director técnico do Consello Regulador de Valdeorras Jorge Mazaira, e o prezo da inscrición é de 30€ por persoa.

Fotos: Mónica G. Bellver/ cedidas.

 

Cedida.
Back to top button