ConcellosO BoloÚltima hora

“Desenvolve O Bolo”, entre os 20 proxectos galegos de loita contra o despoboamento rural que recibirán axudas do Miteco

Tamén figuran iniciativas presentadas por outras zonas da provincia como Parada de Sil, Maceda, A Teixeira, A Veiga ou Xunqueira de Ambía, entre outras

 

Un total de 20 proxectos presentados por pequenos concellos, entidades sociais e pequeñas empresas recibirán axudas para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento lanzadas polo Ministerio para a Transformación Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO). Estes “investimentos supoñen un total de 1.700.393,55 euros que axudarán a mellorar e dinamizar a economía e a situación demográfica das zonas que se enfrentan ao reto demográfico”, segundo o delegado do Goberno en Galicia, quen esta semana ata o concello ourensán do Bolo para coñecer de primeira man un dos proxectos seleccionados polo Ministerio e “agradecer o traballo desenvolvido polos concellos para levar a cabo programas que revertan as consecuencias do reto demográfico e atraian investimentos, turismo e poboación para dinamizar a súa actividade”.

O delegado interesouse polas iniciativas que impulsa o Goberno local presidido polo alcalde Alberto Vázquez. Estas iniciativas teñen como marco de acción o programa “Desenvolve O Bolo” que recibirá 70.356,78 euros para a creación dunha oficina de vivenda e a realización de melloras no Castelo e o museo de Yosso, así como o impulso da Festa Irmandiña da localidade.

O delegado lembrou que esta categoría de concellos do “reto demográfico” foi establecida polo Goberno de Pedro Sánchez para designar e apoiar aos municipios con menos de 5.000 habitantes que requiren dun plan para atallar o despoboamento e o abandono do rural e afirmou que “o labor que realizan as administracións destes concellos é fundamental para que poidan avanzar e construír municipios máis vivos e dinámicos, poñendo freo ao despoboamento do rural e apostando pola sustentabilidade e ampliación dos servizos, facendo máis atractiva a vida nel e promovendo avances que poñan no centro ás persoas que o habitan”.

O delegado avanzou a satisfacción ante proxectos que van na mesma liña que as políticas do Goberno no que respecta ao Reto Demográfico e amosou que estas axudas son unha mostra máis do firma compromiso do Goberno, o que favorece a comunicación entre administracións para conseguir, entre todas, un territorio galego integrado e adaptado ás novas formas de traballo e oportunidades que se comprobaron efectivas diante o despoboamento que sofren estes territorios.

 

 

Resolución da convocatoria en Galicia

O Ministerio para a Transición Ecolóxica resolveu a semana pasada a segunda convocatoria de axudas a proxectos innovadores contra o despoboamento en concellos de reto demográfico. O programa recolle subvencións en tres modalidades: iniciativas impulsadas por entidades locais, impulsadas por entidades sen ánimo de lucro e iniciativas empresariais ou de emprendemento.

En toda España concedéronse 21,1 millóns de euros para 380 proxectos, das máis de 1.000 solicitudes que se recibiron na convocatoria.

Do total concedido para Galicia, hai proxectos que se desenvolverán nun so concello (Ortigueira, Monforte, A Pontenova, Parada de Sil, Mondariz, Ribeira de Piquín, Ares, Navia de Suarna, etc) e outros que impactarán en varias provincias (Aldealista) e varios concellos dunha mesma provincia (Os Ancares).

 

Artigos relacionados

Back to top button