EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Desfile da Confradía do Viño de Quiroga pola vila co novo Confrade Maior

O tradicional desfile da Confraría do Viño de Quiroga polas rúas da vila anunciaba esta mañá a proximidade da Feira do Viño nesta vila. Antes do inicio do desfile, ás doce do mediodía na Casa Consistorial nomeábase a José Luís Rivera como Gran Mestre da Confraría do Viño de Quiroga. Segundo os estatutos da Confraría este cargo recae no alcalde do Concello de Quiroga.

Media hora máis tarde, os confrades, ataviados co seu traxe de gala (capa de cor burdeos e sombreiro negro), acompañados do Grupo de gaitas O Recanto, percorrían a travesía principal da vila quiroguesa, dende a Casa do Concello ata o Museo Etnográfico de Quiroga. Este solemne acto -que preside o Confrade Maior, o alcalde quirogués, e o presidente da Confraría, J. Manuel Rodríguez-, forma parte dos prolegómenos da Feira do Viño de Quiroga dende o ano 2012, ano no que se fundou esta congregación.

Como remate do desfile, xa a porta pechada, os membros do gremio realizaban unha asemblea anual nas instalacións do Museo Etnográfico.Neste momentos a Confraría do Viño de Quiroga busca aumentar o número de confrades polo que ten aberto o prazo para que as persoas interesadas presenten as súas solicitudes.

Ata o de agora a confraría tiña 23 prazas, pero agora vaise aumentar ata as 33. Esta institución foi creada hai máis dunha década con 23 confrades, desde entón poucos cambios nos seus membros ata que no 2019, unha praza bacante, permitiu a incorporación da primeira muller confrade.

Requisitos imprescindibles para formar parte da Confraría do Viño é estar interesado no mundo do viño e implicarse nas actividades que convoca esta organización. Ademais para poder presentarse as persoas interesadas deberán contar con tres padriños que serán confrades en activo.

O prazo para presentar as solicitudes -que deben cumprimentarse na Casa da Cultura- estará aberto ata o 30 de abril. Unha vez presentadas haberá unha votación por parte dos confrades ordinarios para elixir aos novos membros, segundo mandan os estatutos desta asociación.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button