EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Detectada unha presunta fraude para a introdución de uva foránea polo órgano de control do CRDO Valdeorras

Imaxe de arquivo de vendima.

 

O órgano de control do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, independente do Pleno do organismo, denunciou a recepción de uva foránea nun local do Barco de Valdeorras. “Tras detectar transporte de uva procedente dende o local, presuntamente non autorizado para a recepción deste produto, o órgano de control fai un seguemento e intervén a mercadoría solicitando aos seus propietarios a identificación da súa procedencia”, segundo informa o consello regulador valdeorrés.

Dende o órgano de control, ao detectar presuntas irregularidades, ponse en coñecemento da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, e do Seprona a situación e sinálase que se trata dun caso illado.

O Consello Regulador quere poñer en valor “o exhaustivo traballo que realiza o órgano de control, especialmente durante vendima. Un labor que é fundamntal para asegurar a procedencia e a máxima calidade da uva da comarca”.

Artigos relacionados

Back to top button