OurenseÚltima hora

Detéctase a un cidadán usando medios tecnolóxicos de copiado nas probas teóricas do permiso de condución en Ourense

 

A Xefatura Provincial da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) comunica que no día de hoxe, martes 18 de abril de 2023, detectouse nas dependencias da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense a un cidadán nacional de orixe siria, residente na provincia de Málaga, usando medios tecnolóxicos fraudulentos para copiar na proba teórica de obtención do permiso de conducir da clase B.

Desde a DXT indican que o dispositivo utilizado consiste nunha “cámara inserta na vestimenta do aspirante e nun auricular tipo pinganillo en oído dereito, onde recibía presuntamente as respostas correctas ás preguntas filmadas pola cámara”.

A Dirección provincial de Tráfico agradece a colaboración do GIAT (grupo de informes e atestados) da Garda Civil de Tráfico na detección do aspirante.

Esta conduta implica desde a última reforma da Lei de Tráfico (vixente desde o 21/03/2022) unha sanción de 500 euros e a imposibilidade de presentarse a exame ante DXT durante un prazo de 6 meses. Non existe delito ao non producirse suplantación ou usurpación de estado.

Imaxe cedida.

Artigos relacionados

Back to top button