OurenseÚltima hora

Detéctase a un cidadán usando medios tecnolóxicos de copiado nas probas teóricas do permiso de condución en Ourense

Imaxe: DXT.

 

A Xefatura Provincial da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) vén de inforomar de que neste venres, 17 de febreiro, detectouse nas dependencias da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense a un cidadán nacional de orixe india, residente na provincia de Xirona, usando medios tecnolóxicos fraudulentos para copiar na proba teórica de obtención do permiso de conducir da clase B.

Desde esta dirección xeral transmiten que o dispositivo utilizado consiste “nunha cámara inserta na vestimenta do aspirante e un auricular tipo pinganillo en oído dereito onde recibía presuntamente as respostas correctas ás preguntas filmadas pola cámara”.

A Dirección provincial de Tráfico agradece a colaboración do GIAT (Grupo de Informes e Atestados) da Garda Civil de Tráfico na detección do aspirante. Esta conduta implica desde a última reforma da Lei de Tráfico (vixente desde o 21/03/2022) unha sanción de 500 euros e a imposibilidade de presentarse a exame ante a DXT durante un prazo de 6 meses. Non existe delito ao non producirse suplantación ou usurpación de estado.

 

Artigos relacionados

Back to top button