OurenseÚltima hora

O Barco, entre os concellos que suman á campaña da DXT de control de alcohol e drogas

No ano 2022 aumentaron os casos de sancións impostas a condutores baixo os efectos do alcohol ou drogas en relación ao ano 2019, tras o parón da pandemia

 

“O consumo de acohol supón unha perda de reflexos, concentración e sensibilidade e conciencia da velocidade á que vai o vehículo, o cal vai provocar, case con toda seguridade, un sinistro na estrada que afectará a terceiros inexorables”. Esta era unha das principais mensaxes do subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, coas que esta mañá arrincaba a campaña de control e vixilancia de alcohol e drogas que desde o pasado luns día 14 de agosto e ata o domingo 21 de agosto pon en marcha a Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

O subdelegado do Goberno estivo presente no control desta campaña na provincia de Ourense que foi realizado no PK 4.5 da OU-536 ao seu paso por Castradón – estrada convencional con maior taxa de sinistralidade da provincia- onde estivo acompañado pola subxefa provincial de Tráfico da provincia, Andrea Conde, e do tenente xefe accidental do subsector de Tráfico da Garda Civil en Ourense, Javier Barja. Emilio González defendeu a mensaxe de que “o obxectivo fundamental desta campaña é concienciar aos condutores do gran risco que supón conducir baixo os efectos de alcohol, drogas ou psicofármacos”.

Andrea Conde, subxefa provincial, recalcou a importancia de que “a única taxa segura é 0.0” e Javier Barja, Tenente xefe, apela a unha “especial precaución nos traxectos curtos” e que “a calquera hora e calquera día pode haber un control”.

Sobre todo durante o verán, tempada na que se rexistran un maior número de festividades, é máis común que os condutores se confíen nestes traxectos curtos, por iso tanto as autoridades como o subdelegado recalcan que a única taxa segura é 0.0.

Durante a súa intervención, Emilio González lembrou que “aínda que se rexistrou un número máis baixo este ano que o anterior, non é suficiente, os sinistros seguen aí”. A campaña leva a cabo non só na estrada senón tamén nas rúas dos concellos con Policía Local que se sumen a ela.

No primeiro semestre do ano 2022 rexistrouse unha gran subida de sancionados por conducir baixo os efectos do alcol e drogas con respecto ao ano 2019, chegando a máis de 95.000 sancións. Con todo, é importante destacar que, segundo os datos achegados polo Instituto de Medicina Legal (Imelga) descendeu o número de positivos en alcol dos accidentes con vítimas mortais, pasando de superar o 50% a 2 no 2022.

Catro concellos da provincia xa se uniron a esta campaña de vixilancia, entre eles están Ourense, O Barco de Valdeorras, Celanova e Xinzo. González lembrou que conducir baixo os efectos de substancias non soamente pon en perigo a vida do propio condutor, senón de persoas alleas, como vivimos recentemente.

Mediante estes controis preténdese reducir o número de condutores que collan o coche despois de que consumisen calquera tipo de substancia que altere o seu estado, tales como alcol ou drogas.

Artigos relacionados

Back to top button