
A Garda Civil detén a un veciño das Ermidas, no concello do Bolo, de 72 anos de idade, como “presunto autor dun delito de homicidio, tras ferir con arma branca á súa esposa, de 76 anos, que resultaba falecida”, tal como confirma a propia Garda Civil.

Os feitos tiñan lugar pasadas as 18:30 horas deste domingo 6 de abril, no propio domicilio do matrimonio ata onde se desprazaban tamén unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, así como o helicóptero do 061 que finalmente non foi necesario.




