O Entroido é unha tradición pero tamén un sentimento que viven moi intensamente os veciños de concellos como Vilariño de Conso. Así o vén de demostrar Marcos, un veciño deste municipio, que neste Xoves de Compadres tan inusual decidía disfrazarse para acudir ao seu traballo e compartir deste xeito a tradición, dun xeito seguro e divertido, cos demais ao longo deste día.
Fotos cedidas.