DeportesÚltima hora

Dobre ouro para o Adas no campionato de Galicia de cross de menores

Os equipos Sub10 e Sub12 masculinos vencían na Rúa no 24 Memorial Alejandro Lorenzo

 

A base do atletismo valdeorrés segue a demostrar a súa calidade. Desta volta facíao na modalidade de cross e en Valdeorras. O circuíto do Aguillón na Rúa acollía ao longo da mañá deste 26 de xaneiro o 24 Memorial Alejandro Lorenzo-Campionato de Galicia de menores cun total de seis carreiras das categorías (masculinas e femininas) Sub10, Sub12 e Sub14.

Especialmente destaca era a actuación do equipo masculino Sub10 e Sub12 do Adas (reforzado con atletas das escolas deportivas de Trives) que se facía nco título nas súas respectivas probas.

Así o equipo Sub10 lograba cun total de 23 puntos e sacáballe unha notable vantaxe sobre o segundo clasificado, o Marineda Atlético con 46 puntos, e sobre o terceiro, o At. Vila de Cangas (52). O conxunto valdeorrés estaba formado por José Hervella, Yago García, Mauro López, Roque Armesto, Mateo Guerra e Antón Prieto.

 

 

Ouro tamén para os Sub12 masculinos do Adas, que se impoñían por 33 puntos ao At. Vila de Cangas e á Atlética  Silva, segundo e terceiro respectivamente. Este equipo estaba formado por Xoel Pungín, Saúl Crespo, Mateo Valcarce, Marcos Basalo, Óscar Meléndez e Paulo Efrén Martínez.

O podio valdeorrés neste galego completábase co equipo feminino Sub12, que se situaba terceiro, tras o At. Vila de Cangas e a At. Lucense. Estaba integrado por Nicoll Sánchez, Emma Fernández, Iris Acevedo, Raihana Cardona e Tania Peláez.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-valdeorresa-ines-docampo-terceira-no-campionato-galego-de-cross-sub18/
https://osil.info/o-adas-subcampion-galego-de-campo-a-traves-mixto-por-relevos/
https://osil.info/a-competicion-galega-de-cross-brilla-na-rua/

Artigos relacionados

Back to top button