Novamento o Club Adas súbese ao podio no Campionato de Galicia de campo a través mixto por relevos. Tras a vitoria do 2019, desta volta o equipo valdeorrés facíase coa prata nesta competición, que se disputaba a partir das 13:45h. deste domingo 26 de xaneiro no circuíto do Aguillón, na Rúa.
Iván Roade, Marta Casanova, Luis Pérez e Sandra Mosquera representaban ao Adas nesta cita e lograban situarse de segundos cun tempo de 20:23, só superado polo equipo a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, que completaba a proba en 20:08. O terceiro posto correspondíalle ao Miler Running Club.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos:
https://osil.info/a-valdeorresa-ines-docampo-terceira-no-campionato-galego-de-cross-sub18/
https://osil.info/dobre-ouro-para-o-adas-no-campionato-de-galicia-de-cross-de-menores/
https://osil.info/a-competicion-galega-de-cross-brilla-na-rua/