EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Dobre presentación en Ourense do novo libro de Xurxo Souto e homenaxe ao Cuco de Velle

Tras o acto no Café Cultural Auriense, o sábado 1 de xuño terá lugar unha presentación-sesión vermú ás 12h. en Casa Marta en Velle

Presentación en “dous estalos” do novo libro do músico e escritor Xurxo Souto, “Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta”, no que ademais se renderá homenaxe ao talento do señor Claudio, o Cuco de Velle, “inventor da música mestiza (antes do propio Manu Chao)”.

Así na tarde de onte presentábase o libro no Café Cultural Auriense de Ourense e o sábado 1 de xuño terá lugar un novo acto-sesión vermú (ás 12 h.) en Casa Marta (a derradeira taberna aberta en Velle) “co poder sonoro do Triomotobomba”.

O Cuco de Velle “inventou na Palleira da súa casa a música mestiza moito antes de Manu Chau. Antes da música mestiza Ourense xa era o centro do mundo”, asegura Souto.

 

Back to top button