Vencía tanto na categoría feminina como na masculina por clubs, sendo o mellor resultado valdeorrés individual o de Sandra Mosquera, subcampiona galega
No campionato de Galicia absoluto, Sub23 & Sub20 de campo a través, que se desenvolvía o 3 de febreiro nas Pontes, o Club Adas colleita catro podios. En categoría individual feminina, a sénior Sandra Mosquera proclamábase subcampiona ao correr os 9 km de distancia da proba en 34:08. Só a superaba Paula Mayobre (34:02).
Ademais o equipo feminino do Adas (formado, por Mosquera, Susana Arrúa, Iria Fernández, Joana F. Pereira, Barca Toba e Paula Santos) vencía nesta cita, cun total de 10 puntos.
Na categoría masculina Iván Roade era terceiro e Alejo Ares cuarto. E ambos lograban (xunto a Carlos Villamor, José Talavera, Alfonso Mendoza e A. Essaadaoui) o título absoluto da proba (9 km.), ao sumar 20 puntos.