ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Doces, castañas e chourizos no magosto das Amas de Casa do Barco

A asociación O Teixadal celebraba unha merenda na tarde do 11 de novembro, día de San Martiño

 

Este luns 11 de novembro, festividade de San Martiño, foi un día moi intenso con numerosos magostos espalladas pola provincia. De feito, só no municipio do Barco de Valdeorras houbo dous. Un, organizado polo Concello, tiña lugar na praza de Viloira; e a outro, na sede da Asociación de Amas de Casa O Teixadal.

Como cada ano por estas datas, O Chao acollía a tradicional merenda coa que as Amas de Casa celebran o seu particilar magosto. Unha merenda-cea na que non faltaron os chourizos cocidos, os doces caseiros (filloas, tarta larpeira e tarta de piña) e por suposto as castañas asadas.

Á parte do magosto, a asociación organiza ao longo do ano outras celebracións como o San Xoán ou o Entroido, ademais de desenvolver os diferentes cursos. Neste momento están en marcha o de bailes de salón (os martes de 16 a 18h.), o de punto canario (luns e xoves de 16 a 18h.) e manualidades (restauración, pintura,… os mércores de 16 a 18 e/ou de 18 a 20h.). Tamén teñen clases de sevillanas e despois de Nadal, retomarán o de cestería.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button