OurenseÚltima hora

Dous incendios forestais no concello ourensán de Padrenda

Un iniciábase ás 23:24h. e onte outro ás 1:50h. desta madrugada e ambos están arestora estabilizados

Imaxe arquivo/cedida.

 

Dende a Consellería do Medio Rural infórmase de dous lumes na parroquia ourensá de Padrenda. Neles constatouse que houbo “varios focos, polo que todo apunta a que son intencionados”, asegura a consellería.

Un deles, que comezou ás 1:50 h. desta madrugada, xa está estabilizado desde as 7:07 h. desta mañá. Segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de 19 hectáreas. No seu control levan traballado 2 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas e 1 pa.

O outro, que comezou ás 23:24 h. de onte, quedou tamén controlado ás 7:07 h. e afecta  provisionalmente unhas 8 hectáreas. Na súa extinción participan 3 axentes, 11 brigadas e 6 motobombas.

Negueira de Muñiz (Lugo)

Ademais está activo desde as 2,01 h. desta madrugada un lume rexistrado no concello lugués de Negueira de Muñiz, parroquia de San Pedro de Ernes. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 24 hectáreas. No seu control participan 3 axentes, 11 brigadas, 4 motobombas, 2 pas, 1 tractor, 3 helicópteros e 2 avións.

Artigos relacionados

Back to top button