ConcellosÚltima hora

Dous lumes en Chandrexa de Queixa

Están controlados dende esta tarde e afectan en total a unhas 125 hectáreas, segundo as estimacións da Consellería do Medio Rural

 

O oriente ourensán vese afectado novamente polas chamas. Neste caso é no concello de Chandrexa de Queixa no que se rexistran nestes momentos dous incendios que están controlados dende primeiras horas da tarde.

Así dende ás 15,47 h. permanece controlado o lume da parroquia de Queixa, que segundo estimacións da Consellería do Medio Rural, supera as 50 hectáreas. Iniciouse ás 22,45 horas de onte e na súa extinción levan traballado 5 axentes, 8 brigadas, 2 motobombas e 2 pas.

Permanece tamén controlado desde as 13,20 h. o incendio que se iniciaba ás 03,51 h. desta madrugada neste mesmo municipio ourensán e en idéntica parroquia. Segundo estimacións, afecta unha superficie de 75 hectáreas. No lugar foron mobilizados 1 técnico, 3 axentes, 5 brigadas, 1 motobomba, 2 pas, 5 helicópteros e 1 avión.

 

 

Foto: Brif Laza.

Artigos relacionados

Back to top button