AletismoDeportesEn portadaÚltima hora

Dúas pratas para a atleta valdeorresa Mónica Yáñez no Campionato de España máster short track

Proclamábase subcampioa de España en pentatlón e en altura en F45

 

En dúas ocasión subíase ao podio Mónica Yáñez Pérez (Club Adas Cupa do Barco) no XXXV Campionato de España máster short track, que se desenvolvía na pasada find e semana no Velódromo A. Elorza de San Sebastián.

A valdeorresa sumaba na competición dúas medallas de prata, unha delas no pentatlón F45 (que inclúe as probas de 60 m valados, altura, peso, lonxitude e 800 m) e outra en altura. E iso pese a que competía arrastrando unha lesión, o que non lle deixaba tampouco adestrar en condicións para este nacional. “O resultado está ben e estou moi contenta de volver con dúas pratas, pero tamén é certo que estiven por baixo das miñas marcas persoais debido a unha lesión e non me encontrei ben ao competir”, comenta Mónica Yáñez, que dende hai dous anos non acodía a un Campionato de España.

Outro factor que tampouco axudaba á atleta nesta cita deportiva era o frío e a humidade durante a competición.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button