CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

Empate a 2 no amigable entre CD Córgomo Vilamartín e CD Trives

 

Comeza a rodar o balón en Vilamartín de Valdeorras. Tres semanas despois de dar inicio á pretempada, e tras vencer 0-1 ao CD Arenas (gol de Jairo), o CD Córgomo Vilamartín recibía en casa (no campo do Bañadoiro) ao CD Trives para disputar o seu segundo amigable (o primeiro para os triveses), que se resolvía co empate 2-2.

O partido, disputado na tarde deste mércores 24 de agosto comezaba pouco antes das 20 horas e foi un test de nivel en toda regla para ambos planteis que marcaban dous goles cada un: Bambito e Juan para o Trives e Lucas e Juan Borgas para o Córgomo. Un partido seguido polos afeccionados ao redor do campo.

O CD Trives de David Pérez será tamén o primeiro rival da liga para o CD Córgomo Vilamartín, o 11 de setembro no campo do Agro, na Pobra de Trives. Pero antes, os rapaces que adestra Jesús Álvarez, xogarán máis amigables contra o CD Toralense, o Quiroga FC e o CD Viana.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button