CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

En marcha a primeira semana do V Campus de Fútbol de Verán da Rúa

 

Xa está en marcha, no campo Vicente Solarat Maceda da Rúa, a V edición do Campus de Fútbol de Verán organizado polo club rues coa colaboración do Concello da Rúa e da Deputación de Ourense, ao que asisten preto de oitenta cativos, nenos e nenas de entre 3 e 16 anos.

 

 

Igual que o ano pasado o campus celébrase en tres quendas do 4 ao 8; do 11 ao 15; e do 18 ao 22 de xullo, en horario de 9:30 a 14 horas. Na mañá deste luns poñíase en marcha a primeira semana, cos pequenos distribuídos en grupos de idade e con dous monitores ao cargo. Ata o venres, os inscritos poderán aprender técnica e táctica futbolística pero sobre todo poderán xogar ao fútbol fomentando valores coma o compañeirismo ou a deportividade.

 

 

Fotos da galería: Mónica G. Bellver. As de grupo son do CD Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button