CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Entre historias escritas, contadas e recreadas na Biblioteca de Verín

Esta instalación cultural acollía a presentación do libro “Neste cais, para sempre” e, un día despois, manualidades e contacontos

Historias sobre o novo estado portugués contadas cunha linguaxe propia das xentes de Trás-os-Montes. É o contido da obra “Neste cais, para sempre” (Graça Editores), escrito por Ernesto Salgado Areias. Este libro presentábase na tarde do 9 de marzo na Biblioteca Pública de Verín contando coa presenza do autor.

Un día despois, o 10 de marzo, esta biblioteca acollía unha nova actividade, desta volta pensada para os máis pequenos: contacontos e manualidades. Como contadora estaba Soraya Silva Aparicio, que é profesora e voluntaria en FEMURO (Federación Mulleres Rurais). Ademais estaba acompañada polos voluntarios/as da biblioteca.

Fotos: Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button