O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu hoxe, 17 de novembro, o acto de entrega dos premios da décima edición do concurso de pinchos Sabores de Ourense -edición outono 2017-. A Cuqueira da Lourdes, Ataranza e A saia da Carolina elaboraron os tres pinchos gañadores desta edición, na que participaron un total de 46 establecementos.
O xurado profesional, composto por Jesús Prieto Marquiegui e Jesús Prieto Serrano (Restaurante Serrano de Astorga), Manuel Núñez (Restaurante Arume de Barcelona), Manuel Domínguez (Restaurante Lúa de Madrid), e Daniel López (Restaurante O Camiño do Inglés de Ferrol). E decidiron que o gañador desta edición sería o pincho “Cuquiburguer” de A Cuqueira de Lourdes. O segundo premio foi para “Camiño de Santiago”, da Adega das Caldas e, finalmente, a terceira posición foi para “Outubro 8.0” do gastrobar Sanmiguel.+
No tocante ao premio do público, e logo de facer un reconto de 1.820 papeletas depositadas nas urnas “do que se colixe que, cando menos, foron 6.460 os pinchos elaborados”, apuntan dende o Concello, os premios quedaron repartidos da seguinte forma: O primeiro foi para Ataranza polo seu pincho “Flor de outono”. O segundo e o terceiro premio foi para A Casita do Pulpo que presentou “Roliño de outono” e “Outono 8.0” respectivamente.
Na categoría Premio Pincho Celíaco, outorgado pola delegación ourensá da Asociación de Celíacos de Galicia, o máximo merecemento recaeu no pincho “Camiño da Prata”, elaborado por A saia da Carolina.
Ademais destes premios, no acto desta tarde tamén se repartiron os premios individuais entregados polos patrocinadores entre todas as persoas que participaron no premio do público, así coma os premios #SaboresdeOurense, para os máis votados a través da aplicación móbil co mesmo nome. O palmarés nesta categoría quedou do seguinte xeito: o primeiro premio foi para A Cuqueira de Lourdes e a súa “Cuquiburguer”, o segundo posto foi para “Flor de Outono” do Ataranza e o terceiro foi para o Catador, por “Durum de outono”.
Fotos: Carlos Asensio.