DeportesÚltima hora

O equipo masculino do Auriense F.G. loita por un oco na disputa polo título galego

Os ourensáns venceron ante o Dorna F.G. no partido disputado na Illa de Arousa
O equipo masculino do Auriense F.G.

Os rapaces do club ourensán de fútbol gaélico veñen de colleitar unha nova vitoria, desta volta no seu desprazamento á Illa de Arousa para enfrontarse ao Dorna F.G. no Campo da Bouza.

Cunha primeira parte moi igualada pero xa dominada no tanteo polo conxunto ourensán, a “superioridade física ratificou o triunfo, cun gran acerto cara portería da dianteira do Auriense”, explican dende o club ourensán que lograba un 5-11 (26)/8-13 (37) final. Este resultado consolida ao equipo ourensán como favorito para meterse no grupo que dá acceso a disputar o título galego durante a segunda volta.

O vindeiro domingo, a partires das 16:30h. haberá dobre xornada de fútbol gaélico no Campo da Universidade de Ourense coa coa visita dos equipos masculino e feminino do Ártabros da Coruña.

Artigos relacionados

Back to top button