ConcellosEconomíaEconomíaÚltima hora

Erros nos recibos da depuración de augas en Éntoma, Vilanova e Veigamuíños

O alcalde do Barco vén de emitir un bando para dar a coñecer aos veciños as decisións adoptadas para corrixir os fallos detectados neses recibos do 2013 emitidos pola Deputación
Imaxe do pobo barquense de Vilanova.

Co fin de informar aos veciños dos pobos de Éntoma, Vilanova e Veigamuiños sobre os erros atopados nos recibos de depuración de auga emitidos pola Deputación de Ourense e correspondentes ao 2013 o alcalde do Barco, Alfredo García, vén de emitir un bando. Nel dase conta das “decisións adoptadas para corrixir os erros”.

O texto do bando indica que “no caso destas tres poboacións, os veciños dispoñen de contadores, e os recibos foron emitidos sen facer lecturas de consumo. Para evitar unha nova facturación dos recibos xa emitidos, recoméndase aos veciños que abonen en período voluntario os catro recibos do ano 2013”.

Asemade matízase que para “os dos anos 2014, 2015 e 2016, terase en conta o consumo que se rexistrará no primeiro trimestre de 2017, con lecturas dos contadores a primeiros de ano, e de novo a primeiros de abril. Tendo en conta esta lectura, se lle devolverá a todos os veciños, de ser o caso, as cantidades cobradas de máis relativas ao ano 2013”.

O alcalde do Barco tamén anuncia que o Concello está á espera de recibir un “informe exhaustivo do Consorcio de Aguas, no que se especifiquen as fosas sépticas que foron limpadas desde o ano 2013, co fin de que só se lle pasen os recibos aos veciños das poboacións onde se fixeron os traballos de mantemento”.

Cando o citado estudo estea no Concello, “emitiranse bandos para todas as poboacións afectadas, nos que se informará dos pasos a seguir polos veciños sobre esta cuestión”, tal e como se indica dende esta Administración local.

Artigos relacionados

Back to top button