A Escola Profesional Santo Cristo, de Formación Profesional, celebrará, na semana do 5 ao 8 de febreiro, a II Semana do Emprendemento. Coas que buscan crear “unha cultura emprendedora” no seu alumnado.
Nas aulas van traballar, durante esa semana, as cualidades persoais e profesionais dunha persoa emprendedora, analizarán casos reais, farán obradoiros e invitarán a relatorios a diferentes profesionais que aporten a súa opinión dende a súa propia perspectiva.
Eses relatorios impartiranse o vindeiro xoves, 8 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Salón de Actos da escola e os poñentes serán: Jesús Vázquez, alcalde de Ourense; Lois Babarro, presidente de AJE Ourense e vicepresidente de AJE Galicia; Begoña Mera, directora creativa de Sommera; Marta Antolínez, xerente de Tote Bebés e Olga Penedo, Xerente de Bodega Ganadeira.
Tamén acudirán ao acto a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; a xefa territorial de Educación na provincia, Luz Fernández, entre outros.