Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Esgos acollerá o domingo o Campionato galego de Trail Running na modalidade de Montaña

Publicidade

 

Imaxe: FGA.

 

A localidade de Esgos acollerá o vindeiro domingo unha nova edición do Campionato Xunta de Galicia de Trail Running na subespecialidade de Carreiras de Montaña. Logo de dous anos de parón pola pandemia, retómase esta modalidade do Trail Running na que destaca a presenza da atleta máster internacional do Comesañasa Sporting Club Soledad Castro Soliño quen defende o título logrado na última edición do ano 2019. De igual modo tamén estarán os últimos campións galegos M45 e M50 José Mira do Burgas Ourense e Juan Rivas do Cambados Seguro Noval así como a subcampioa F50 Monserrat Carreira do Comesaña S.C.

O percorrido

A saída está prevista para as 11:00 horas diante da Casa do Concello de Esgos, discorrindo a proba por unha fermosa e espectacular contorna da montaña ourensá cuxo percorrido total é de 13 km. A altura máxima rexistrarase en O Eirado na que se alcanzará os 1.163 m. e a mínima en Esgos onde a cota será de 581 m, tal e como informa a Federación Galega de Atletismo.

Durante o campionato haberá puntos de avituallamento no Mosteiro de San Pedro de Rocas, Arcos, Virxe do Monte e na chegada situada en Esgos.

Artigos relacionados

Back to top button