Entre fariñadas e toques de sachos e bombos, os vianeses dirixíanse rozando a medianoite, xa na despedida do Martes de Entroido, cara a praza Maior da vila nunha sonora e singular procesións. Estaba a piques de comezar a gran fulionada, o atroador son co que, emocionados, os veciños de Viana do Bolo din adeus á súa festa principal: o Entroido mentres arden os símbolos da festa: o Lardeiro e a Lardeira, no alto do mastro.
Centos de persoas, tocando incesantemente bombos e aixadas, cos rostros totalmente enfariñados, e entre bágoas, despedían deste xeito o tempo da troula mentres estoupaban os lardeiros. Despois cesaba o fulión definitivamente por este ano, comezaban os fogos artificiais e logo un baile de disfraces na mesma praza.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.