Dende as 17,48 h. desta tarde está estibilizado o incendio forestal que se iniciaba ás 21:51h de onte na parroquia de Grixoa, no concello de Viana do Bolo, tal e como informa a Consellería do Medio Rural.
Nos labores de extinción deste lume, que afecta a unha superficie dunhas 102 hectáreas, veñen traballando 1 técnico, 10 axentes, 32 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 2 avións e 9 helicópteros.