
Estabilizado o incendio forestal de Requeixo (Chandrexa de Queixa). Segundo as últimas estimacións da Consellería de Medio Rural, o lume, activo dende as 20:15 horas de onte, afecta a unhas 25 hectáreas.
No seu control levan traballado 3 axentes, 9 brigadas, 2 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.