Dende as 19:34h. está estabilizado e evoluciona favorablemente o incendio forestal que se iniciaba ás 15:28h. desta tarde na parroquia e Rubiá. A superficie afectada neste lume é dunhas 15 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais feitas públicas pola Consellería do Medio Rural.
Nos labores para extinguir este incendio teñen participado 10 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas, 2 palas, 1 técnico, 2 técnicos de apoio, 1 tractor, 3 Unidades Técnicas de Apoio (UTAs), 9 avións e 7 helicópteros.