O incendio que levaba activo dende as 22:43 horas de onte na parroquia de Rubiais (Viana do Bolo), está estabilizado dende as 10:03 horas.

Segundo as últimas estimacións da Consellería de Medio Rural, afecta a unha superficie de arredor de 40 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 4 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.