ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Estanse a desaloxar os núcleos de Alixo e Vilariño (O Barco) pola proximidade do incendio

 

Tensión en varios núcleos de poboación do concello do Barco pola proximidade das chamas do incendio forestal de Riodolas (Carballeda de Valdeorras), que a primeira hora desta tarde se reactivaba por un cambio no vento.

Os núcleos máis afectados son Alixo e Vilariño, onde se está procendo a desaxolar aos veciños, tal e como vén de confirmar o alcalde do Barco, Alfredo García. No caso de Alixo, nesta localidade están arestora brigadas, motobomba e 1 axente, ademais do GES Valdeorras e da Policía Local e a Garda Civil, que están procedendo a desaloxar aos veciños, aínda que algúns deles resístense a deixar as súas vivendas.

Segundo as primeiras informacións, alomenos dúas casas se viron alcanzadas polo lume na parte alta de Alixo. As brigadas están facendo todo o posible para evitar que ardan máis vivendas.

Tamén arderon castiñeiros centenarios e algún colmear próximo a Alixo.

Nun principio vaise a aloxar ás persoas evacuadas de Alixo no Teatro Lauro Olmo do Barco. “Alí temos aire acondicionado e pensamos que é o mellor lugar para poder acollelas pola tarde. Ademais xa estamos xestionando onde poderán pasar a noite”, confirmaba o tenente de alcalde do Barco, Aurentino Alonso.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button