ConcellosRubiáÚltima hora

Eva Iglesias e Eva Piay presentan o conto infantil ilustrado “O estraño ser” en Rubiá

O acto está previsto para o vindeiro sábado 23 de abril ás 19h. na Casa da Cultura

 

Na importancia de ser capaces de ver máis aló da apariencia e do máis cercano céntrase o conto infantil “O estraño ser”, con texto de Eva Iglesias e ilustracións de Eva Piay. Este libro presentarase o vindeiro sábado 23 de abril ás 18:30h. O acto abrirase cun recital musical e logo presentarase o conto ilustrado (ás 19h.) e media hora despois procederase á sinatura de exemplares.

Este libriño conta como no fondo do mar vive un estraño ser que soña con descubrir que hai máis alá do que a súa luz lle permite ver. Na súa singular viaxe cara o descoñecido toparase con situacións que o porán a proba e que amosarán que e moi diferente ao resto de seres que habitan no mar.

 

Artigos relacionados

Back to top button