OurenseÚltima hora

Evacuados 2 edificios en Verín debido a un escape de gas

 

Os servizos de emerxencias procedían esta tarde a desaloxar dous edificios completos a causa dunha fuga de gas na rúa Rosalía de Castro na vila de Verín.

“O CIAE-112 Galicia tivo constancia deste suceso ao redor das 15 horas da tarde, tras a chamada dun particular alertando de que percibía un cheiro a gas. De inmediato, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Verín, á Garda Civil, aos membros de Protección Civil e aos técnicos da empresa subministradora do gas”, tal e como informa o 112 Galicia.

Así, tras o desaloxo preventivo das vivendas, os servizos de emerxencias realizaban as comprobacións precisas para localizar a fuga. “Segundo puido confirmarse, esta fuga orixinouse polo mal estado de dous reguladores de gas, os cales foron pechados e os veciños puideron voltar aos seus domicilios”, segundo indica o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button