OurenseÚltima hora

Excarcerado un condutor tras saírse da vía a furgoneta coa que circulaba na A-52

 

Un home quedaba atrapado no interior da furgoneta que conducía “ao cravarse o garda raíl da autovía A-52 nunha perna. Concretamente, o accidente produciuse no punto quilométrico 231 da A-52, en sentido a Vigo”, segundo informa o 112 Galicia.

Varias persoas particulares alertaron do sinistro ao 112 Galicia, ao fío das 09:00 horas. Segundo indicaban, unha furgoneta batera contra o valo de protección da autovía.

A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ourense, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía, segundo a Axega.

Artigos relacionados

Back to top button